Instrucións previas para cubrir correctamente o formulario de inscrición

A inscrición é individual. Unha solicitude por cada menor aínda que sexan solicitudes para a mesma ludoteca, irmáns ou se acredite familia numerosa.
Teña todos os datos necesarios á man, preparados antes de comezar. Localice os datos que se van pedir, como o número de SS. Ordene os documentos para cargar para reducir o tempo que ten o formulario aberto.

Datos necesarios para inscrición en liña: número da seguridade social ou mutua,  número de DNI da nai/pai e documento que acredite ser socio de ANPA.

Para inscricións presenciais: Deberá traer a tarxeta sanitaria, o DNI da nai ou pai e o documento que xustifique ser socio ou a matrícula nun colexio público. No caso de alumnos de colexio concertado ou privado, non será necesario.

Por cuestións técnicas, os documentos anexos non deben ter un tamaño superior a 1MB. Consulte as ferramentas de redución ou optimización máis abaixo.
De efectuar o pagamento por transferencia, terá que xuntar o xustificante do ingreso para completar correctamente o formulario. En caso de facelo mediante pasarela de pago, simplemente continúe ata o final o proceso do formulario que leva á pasarela de pagamento habilitada no formulario.
Os servizos complementarios de comedor e madruga contrataranse á parte, directamente coa empresa. Prema sobre este texto para consultar a nota sobre o comedor de madruga en Nontedurmas.org. No formulario só indicará que ten previsto facer uso destes servizos a maiores.
Tras completar o proceso do formulario, recibirá un correo da nosa parte cos datos facilitados, que lle servirá tamén como recibo de constancia da inscrición.

Inscrición