Instrucións previas
A inscrición é individual: Unha solicitude por cada menor aínda que sexan solicitudes para a mesma ludoteca, irmáns ou se acredite familia numerosa.
Teña todos os datos necesarios á man, preparados antes de comezar. Localice os datos que se van pedir, como o número de SS. Ordene os documentos que deberá cargar (DNI, acreditación de centro e/ou socio de ANPA) para reducir o tempo que ten o formulario aberto.
Datos necesarios para inscrición en liña (non é necesaria anexar copias): número da seguridade social ou mutua, número de DNI da nai/pai e documento que acredite ser socio de ANPA.
Para inscricións presenciais: Deberá traer fotocopia da tarxeta sanitaria, do DNI da nai ou pai e o documento que xustifique ser socio ou a matrícula nun colexio público. No caso de alumnos de colexio concertado ou privado, non será necesario.
Por cuestións técnicas, os documentos anexos non deben ter un tamaño superior a 1MB. Consulte as ferramentas máis abaixo.
De efectuar o pagamento por transferencia, terá que xuntar o xustificante de ter feito o ingreso na conta bancaria titularidade da Federación Provincial de ANPA para completar correctamente o formulario.
ES75 2080 5403 4130 4012 0558
En caso de facelo mediante pasarela de pago, simplemente continúe o proceso que o leva á pasarela de pagamento habilitada no formulario.
Tras completar o proceso do formulario, recibirá un correo da nosa parte cos datos facilitados, que lle servirá tamén como recibo de constancia da inscrición.