Instrucións previas

A inscrición é individual. Unha solicitude por cada menor aínda que sexan solicitudes para a mesma ludoteca e período, irmáns ou se acredite familia numerosa. Teña toda a documentación á man, preparada antes de comezar. Localice os datos que se van pedir, como o número de SS. Ordene os documentos para cargar para reducir o tempo que ten o formulario aberto. Por cuestións técnicas, os documentos anexos non deben ter un tamaño superior a 1MB. Consulte as ferramentas máis abaixo.

De efectuar o pagamento por transferencia, terá que xuntar o xustificante do ingreso para completar correctamente o formulario. En caso de facelo mediante pasarela de pago, simplemente continúe o proceso que o leva á pasarela de pagamento habilitada no formulario.

Tras completar o proceso do formulario, recibirá un correo da nosa parte cos datos facilitados, que lle servirá tamén como recibo de constancia da inscrición. Ver/Volver consultar a información sobre ludoverán 2019 en www.nontedurmas.org

O período de inscrición rematraá o venres, día 31 de maio ás 14.00 de 2019

Comezar coa solicitude